ACTIVIDADES

Dende o noso/voso blog, animámosvos a que nos comentedes as actividades extraescolares que vos gustaría que se levasen a cabo para os nosos cativos.
Podedes deixar as vosas suxerencias no buzón de BRINCADEIRA no centro, ou directamente facérnolas chegar ó noso enderezo electrónico.

Sabedes que a nosa intención é desenvolver actividades que axuden ós nenos a aprender cousas novas divertíndose, e que pasen un rato agradable na compañía dos seus compañeiros.

Poden ser suxerencias anónimas si vos é máis cómodo así. Atenderemos todas as peticións.

Comentarios